Teñen sido moitos ao longo destes anos
os arrepentidos e os traidores camuflados.
Disparan as calumnias contra os guías eternos
criminalizando os logros que obtiveron.
Os revisionistas fixeron un bo traballo
os imperialistas souberon agradecerllo.
Unha loita aberta contra os traidores da clase obreira.
Unha loita aberta contra os disidentes anticomunistas.
Os renegados pulan por facer retroceder as agullas do reloxo da Historia.
Pseudointelectuais de compravenda ofrecen informacións calumniosas a occidente.
Contrarrevolucións de veludo comportaron a caída do “Telón de Aceiro”.
Moitos anos despois do suposto "terror"
non observamos ningún progreso só unha terríbel involución.
Adopción das ideas da pequena burguesía
disfrazadas de marxistas-leninistas.
Os colaboracionistas e os esquerdistas
son de mel nos beizos e pezoña no corazón.
Unha loita aberta contra os traidores da clase obreira.
Unha loita aberta contra os disidentes anticomunistas.